Este proxecto de difusión do patrimonio cultural e paisaxístico do Concello de Outes foi realizado pola Asociación de Empresarios e Profesionais de Outes co apoio da Consellería de Innovación e Industria e a Dirección Xeral de Turismo.
A través deste proxecto preténdese dar a coñecer os recursos culturais, artísticos e sobre todo paisaxísticos que posee o noso concello; paseos fluviais, praias, montes, igrexas, pontes, etc.
As rutas que a continuación se describen non pretenden ser a mellor opción para coñecer Outes, nin sequera teñen por que ser as máis fermosas, e por suposto non son as únicas. Estes roteiros están pensados pra facer ver a diversidade dun concello descoñecido para moitos, pero de grande atractivo para quen o coñece. Así pois, podemos atopar paseos atravesando quilómetros de pinares, pero tamén á beira dun fermoso río, ou bordeando a costa. atoparemos pazos, igrexas, mamoas, cruceiros, muíños, e un longo etc. que esperamos cheguedes a ver e a disfrutar.