
Estimado amigo:
Agardo que sexas quén de percorrer estos roteiros e poidas así desfrutar dalgúns dos recunchos mais fermosos que existen na ría de Muros e Noia. Estou seguro que os paraxes que vas ver non te van a defraudar.
A maioría das rutas transcorren por tranquilas paraxes naturais de grande fermosura, onde o camiño parece facerse curto e as horas pasan voando.
Se te decides a camiñar por Outes non duvides en poñerte en contacto connosco, pois estaremos encantados de ofrecerte información sobre como chegar ós roteiros, as distintas posibilidades de éstos, ou calqueira outro tipo de información que poida ser de utilidade para tí; sitios onde comer, onde pasala noite, ou como contratar unha ruta a cabalo, por exemplo. O teléfono da Asociación de Empresarios e Profesionais de Outes atoparalo ó final deste documento.
Espero atoparvos paseando e coñecendo este valioso concello.
Unha aperta:
Marcos Romero Martínez
Presidente Asoc. Empresarios e Profesionais de Outes
