En Outes podemos facer diferentes rutas que nos achegarán á montaña, ás praias e a sendeiros de grande encanto. No propio concello podemos deternos para coñecer o seu patrimonio artístico e cultural. Moitos destes percorridos nos ofrecen a posibilidade de contemplar cruceiros, igrexas e restos prehistóricos. Todos eles envoltos nunha paisaxe natural de caudalosos ríos e con árbores como castaños e piñeiros que nos acollerán polos camiños.
A continuación ofrecémoslles algunhas das rutas que poden realizar camiñando en bicicleta, e para os menos deportistas, en coche. Anímense a descubrir este municipio, de seguro que non se arrepentirán!
Ruta do Tambre ata a desembocadura do río Donas
Ruta dende O Freixo ata a Praia de Broña
